background
logotype
image1 image2 image3

Formación

Cursos presenciais

A Fundación organiza cursos destinados ás persoas maiores, adultos e a nenos de informática, como parta da politica de achegar as novas tecnoloxías ó tural, e de lingua e cultura galegas, para achegarlles a riqueza cultural de Galicia.

Con estes cursos prentedese brindar á comunidade unha alternativa de aprendizaxe, xa que hoxe en día necesítase ter coñecemento do mundo da tecnoloxía.

O propósito final dos cursos é o de contribuir á mellora dos niveles de colocación das personas rexistradas no manexo do sistema xa que iso xenera bos servicios para a comunidade en xeral, permitindo que o aprendiz reflexione sobre a sua situación actual e acade o obxectivo de búsqueda de oportunidades de aprendizaxe e emprego pola adopción e aplicación de estratexias correctas de aprendizaxe.

 

Cursos presenciais

A realización das charlas e coloquios xurde das necesidades que ten a sociedade rural de acceder, de forma sistematizada á información de tipo técnico ou legal sobre os problemas que poidan xusdir na realidade social das pequenas parroquias galegas, que por ter, en moitas ocasións, unas poboacións demograficamente pequenas e dispersas territorialmente, non disponen das ventaxas que teñen as ciudades en materia de acceso á información.

A partires destas inquietudes, a Fundación San Vicente de Vilaboa vai crear un sistema de conferencias, charlas e coloquios para cubrir ditas necesidades nas parroquias rurais, xa que debemos traballar para unha mellor calidade de vida na nosa terra.

 

2019  -   Fundacion San Vicente de Vilaboa