Fundación Vilaboa colabora para conseguir Formacións presenciais
A Fundación organiza cursos destinados ás persoas maiores, adultos e a nenos de informática, como parta da politica de achegar as novas tecnoloxías ó tural, e de lingua e cultura galegas, para achegarlles a riqueza cultural de Galicia.
Con estes cursos prentedese brindar á comunidade unha alternativa de aprendizaxe, xa que hoxe en día necesítase ter coñecemento do mundo da tecnoloxía.
O propósito final dos cursos é o de contribuir á mellora dos niveles de colocación das personas rexistradas no manexo do sistema xa que iso xenera bos servicios para a comunidade en xeral, permitindo que o aprendiz reflexione sobre a sua situación actual e acade o obxectivo de búsqueda de oportunidades de aprendizaxe e emprego pola adopción e aplicación de estratexias correctas de aprendizaxe.
A Fundación pretende servir de intermediario a organizacións, asociación, institucións e administracións públicas para volcar na sociedade rural galega todo o contido do acervo cultural deste país e así achegar ós cidadans a nosa lingua e a nosa cultura dende a cercanía que supón unha entidade que leva o nome da parroquia.
Cursos presenciais
A realización das charlas e coloquios xurde das necesidades que ten a sociedade rural de acceder, de forma sistematizada á información de tipo técnico ou legal sobre os problemas que poidan xusdir na realidade social das pequenas parroquias galegas, que por ter, en moitas ocasións, unas poboacións demograficamente pequenas e dispersas territorialmente, non disponen das ventaxas que teñen as ciudades en materia de acceso á información.
A partires destas inquietudes, a Fundación San Vicente de Vilaboa vai crear un sistema de conferencias, charlas e coloquios para cubrir ditas necesidades nas parroquias rurais, xa que debemos traballar para unha mellor calidade de vida na nosa terra.